ORDENANZA FISCAL Nº.: 2 DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS


                 Artigo 1º.- FUNDAMENTO LEGAL.

Esta Entidade Local, en uso das facultades contidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, de acordo co disposto nos artigos 105 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co establecido no artigo 15 en concordancia co artigo 59.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, regula neste termo municipal o Imposto sobre Construcións, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto nos artigos 100 a 103 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Artigo 2º.-NATUREZA E FEITO IMPOÑIBLE.

O imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras é un tributo indirecto, tal feito impoñible está constituido pola realización, dentro do término municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtuveráse ou non dita licenza, sempre que a sua expedición corresponda o Concello da imposición.

Artigo 3º.-SUXETOS PASIVOS.

1. Son suxetos pasivos deste Imposto a título de contribuinte:

a) As persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, propietarios dos inmobles sobre os que se fagan as construcións, instalacións ou obras sempre que sexan donos das mesmas.

b) Que ostente a condición de dono da obra nos demais casos.

2. Teñan a consideración de suxetos pasivos substitutos do contribuinte quenes soliciten as correspondentes licenzas ou fagan as construcións, instalacións ou obras, si non foran os propios contribuintes.

Artigo 4º.- BASE IMPOÑIBLE, CUOTA E DEVENGO.

1. A base impoñible do imposto está constituida polo custe real e efectivo da construción, instalación ou obra e se entende por tal, a estos efectos, o custo de execución material daquela

2. A cuota deste imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame que se fixa no 2,5%.

3.- (Sumprimido por acordo pleno sesión do 17/12/2012)

4.-O imposto devéngase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, ainda cando non se obtivera a correspondente licenza.

4. 1. Ó amparo do dispuesto no art. 103.2 da Lei reguladora das Facendas Locais, as construccions, instalacions ou obras que, previa solicitude do suxeito pasivo, se declaren de especial interése ou utilidade municipal, poderán gozar dunha bonificación na cuota do imposto  na porcentaxe que se sinala no apartado seguinte.

                2. Declaración de construcións, instalacións e obras de especial interés ouutilidade municipal. Sómentes serán susceptibles de declararse de especial interese ou utilidade municipal, ós efectos do disfrute da bonificación a que se refire o paragrafo anterior, as construcciones, instalaciones ou obras que se detallan:

                As construcións, instalacións e obras de equipamiento dotacional incluidas no art. 4.3 das Normas Urbanísticas das vixentes Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal de Bóveda que se establezan en parcelas que dita Normativa destina de xeito cualificado a iste uso e que, a estes efectos, representanse na documentación gráfica do mesmo como DOTACIONAL, Bonificación do 95%.

                 3. Procedemento xeral. Para gozar da bonificación a que se refire o apartado anterior, será necesario que se solicite polo suxeito pasivo a declaración de especial interese ou utilidade municipal, o que deberá efectuarse, antes do inicio das construcciones, instalaciones ou obras, no impreso habilitado ó efecto pola Administración Municipal.

Coa solicitude achegaráse a documentación que xustifique a pertinencia da declaración, e presuposto desglosado das construcciones, instalacions ou obras, ou daquela parte das mesmas para as que se solicita a declaración do seu especial interese ou utilidade municipal. Nembargantes, se a inclusión das citadas construccions, instalacions ou obras, dependera de actos ou calificacions que houberan de producirse necesariamente con posterioridade, será suficente coa xustificación do inicio dos trámites encamiñados á sua obtención. No tal suposto, a declaración de especial interese ou utilidade municipal quedará condicionada a sua oportuna xustificación ante os órganos de gestión do imposto , o que deberá efectuarse no prazo dun mes dende a obtención da calificación ou documento acreditativo da sua inclusión no correspondente suposto de dito apartado.

A declaración de especial interese ou utilidade municipal dunha construción , instalación ou obra, efectuaráse, en todo caso, de forma condicionada a que a sua realización se axuste ó establecido na licencia municipal e á acreditación ou obtención das calificacions ou actos esixibles para obter dita declaración, quedando ésta automáticamente sen efecto, sen necesidad de novo acordo en contrario, tanto nestes supostos como nos de caducidade da licencia.

O acordo polo que se conceda ou denegue a declaración de especial interese ou utilidade municipal adoptaráse polo Pleno e notificaráse ó interesado, no seu caso, coa liquidación complementaria que proceda, polos servicios de xestión do imposto .

Non procederá declarar de especial interese ou utilidade municipal aquelas construccions, instalacions ou obras que se houberan iniciado sen haber obtido previamente a pertinente licencia, ou solicitado a referida declaración asimesmo antes do seu comenzo.

               4. Procedemento no caso de órdes de execución. No suposto de construcións, instalacións ou obras, que deban de realizarse como consecuencia de órdes de execución, a solicitude a que se refire o apartado 3 anterior deberá formularse dentro do prazo conferido pola Administración Municipal para o comenzo das construcións, instalacións ou obras ordenadas. Si en razón do prazo conferido para a sua execución, no fora posible presentar dita solicitude e documentación preceptiva, o prazo será de quince dias.

           5. Extemporaneidade da solicitude de declaración de especial interese ou utilidade municipal. Si a solicitude a que se refiren os apartados anteriores se presentare fora dos prazos establecidos, non procederá a declaración de especial interese ou utilidade municipal, nin caberá, en consecuencia, a aplicación da bonificación a que se refire o presente artígo. Nembargantes, como excepción, serán admisibles aquelas solicitudes que, ainda non presentadas ó tempo da concesión da licencia municipal, se formulen, en todo caso, antes do inicio das construcións, instalacións ou obras de que se trate. Nestes supostos, a bonificación somentes poderá aplicarse, unha vez outorgada dita declaración, cando finalicen as construcións, instalacións ou obras.

         6. A bonificación a que se refiren os apartados anteriores, terá carácter provisorio en tanto pola Administración Municipal non se proceda á comprobación dos feitos e circunstancias que permitieren seu disfrute e se dicte a correspondiente liquidación definitiva, se aprobe, no seu caso, o correspondente acta de comprobado e conforme, ou transcorran os prazos establecidos para a comprobación.”

 

XESTIÓN.

Artigo 5º.-

1. Cando se conceda a licencia preceptiva practicaráse unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do presuposto presentado polos interesados, sempre que o mesmo fose visado polo Colexio Oficial correspondente. En outro caso, a base impoñible será determinada polos técnicos municipais dacordo co custe estimado do proxecto.

2. A vista das construcións, instalacións ou obras efectivamente feitas e do custe real efectivo das mesmas, no Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa, modificará, no seu caso, a base impoñible a quen se refire o aprtado anterior practicando a correspondente liquidación definitiva, e esixindo do suxeto pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

Artigo 6º.-

1. As cuotas liquidadas e non satisfeitas dentro do período voluntario faranse efectivas pola via de apremio, con arreglo as normas do Regulamento xeral de Recaudación.

2. As liquidacións notificaránse ós suxetos pasivos con expresión dos requisitos previstos no artigo 124 da Lei Xeral Tributaria.

Artigo 7º.-PARTIDAS FALLIDAS.

Consideraránse partidas fallidas ou cretos incobrables aquelas cuotas que non poideran facerse efectivas polo procedemento de apremio, para a declaración formalizaráse o oportuno expediente, dacordo co previsto no vixente Regulamento Xeral de Recaudación.

Artigo 8º.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

En todo o relativo a calificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas correspondan en cada caso, estaráse o disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria, conforme se ordena no artigo 12 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais.

 

DISPOSICIÓN FINAL.

Primeira.- A presente modificación da Ordenanza fiscal do Imposto sobre construcións, Instalacións e Obras, na redacción definitiva que foi aprobada polo pleno da corporación en sesión celebrada 17/12/2012 , entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da provincia de Lugo e será de aplicación a partir do día seguinte, permanecendo en vigor ata súa modificación ou derogación expresas.

 

 

 

emprende en 3