ORDENANZA FISCAL Nº 9 DA TAXA POLO SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO E RSU

 

 FUNDAMENTO LEGAL.

ARTIGO 1.

1. En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20 a 27 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e de acordo coa Lei 10/1998, do 21 de abril, de Residuos, este Concello establece a taxa por recollida de residuos sólidos urbanos no Municipiode Bóveda, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao disposto no artigo 57 do citado texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

2. Polo carácter hixiénico-sanitario a recepción do servicio é obrigatoria.

 

OBRIGA DE CONTRIBUIR.

Artigo 2º.-1. Feito impoñible.-Constitue o feito impoñible da tasa a prestación do servicio de recepción obrigatoria de recollida de lixo domiciliaria e resíduos sólidos urbáns de vivendas, establecementos hoteleiros, e locais onde se exerzan actividades industriais, comerciais.

2.- Obriga de contribuir.- Nace a obriga de contribuir dende o momento no que se inicie a prestación do servicio, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria do mesmo, cando esté establecido e en funcionamento o servicio municipal de recollida de lixo e residuos solidos urbáns nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuintes suxeitos á Taxa.

Establecido e en funcionamento o referido servicio, as cuotas esixiranse o primeiro día de cada bimestre natural, agás que a esixibilidade da taxa se producise con posterioridade a dita data, neste caso a primeira cuota esixirase o primeiro día do bimestre natural seguinte.

3. Suxeto pasivo.-Están obrigados ó pago da tasa, en concepto de contribuintes, as persoas físicas e xurídicas, e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que resulten beneficiadas.

Terán a consideración de substitutos do contribuinte, os propietarios das vivendas ou locais, quenes poderán repercutir, no seo caso, sobre os respectivos beneficiarios.

 

BASE IMPOÑIBLE E CUOTA TRIBUTARIA.

Artigo 3º.-

1.- A cuota tributaria determinarase por aplicación das seguintes tarifas:

 

Tipo usuario

TARIFA/MES x contribuinte€

A1.-Vivendas de carácter familiar

6,00 €

B) Bares, cafeterías, etc.

14,00 €

C.1) Hote, - 10 hab

16,00 €

C.2) Hot + 10 hab

50,00 €

D) Supermercados, comercios

14,00 €

E) Locais industriais e/ou Comercias (naves)

14,00 €

F) Fabricas

14,00 €

 

2.- A recadación do importe pola prestación deste servicio farase mediante recibo en periodos trimestrais e conxuntamente cos recibos do servicio de abastecemento domiciliario de augas.

O cobro realizarase nas Oficinas municipais ou a través das entidades bancarias ou Caixas de Aforros que operen no Municipio de Bóveda.

 

EXENCIÓNS OU BONIFICACIÓNS.

Artigo 4º.-1. Estarán exentos do pago da taxa aqueles contribuintes en que concurra algunha das circunstancias seguintes:

a) Os pensionistas que perciban ingresos anuais inferiores ó salario mínimo interprofesional.

b) Estar incluidos no Padrón de Beneficencia.

2. Non se concederá bonificación algunha dos importes das cuotas sinaladas nas Tarifas.

 

ADMINISTRACIÓN E COBRANZA.

Artigo 5º.-1. Anualmente formaráse un Padrón no que figurarán os contribuintes afectados e as cuotas respectivas que se liquiden, por aplicación da presente Ordenanza, o cal será exposto ó público por quince días a efectos de reclamacións previo anuncio no Boletín Oficial da Provincia e por bandos e Edictos na forma acostumbrada na localidade.

2. Transcurrido o prazo de exposición ó público, o Concello resolverá sobre as reclamacións presentadas e aprobará definitivamente o padrón que servirá de base para os documentos cobratorios correspondentes.

 

Artigo 6º.-As baixas deberán cursarse, o mais tardar, o último día laborable do respectivo período, para surtir efectos a partir do seguinte. Quenes incumplan tal obriga seguirán suxetos o pago da exacción.

 

Artigo 7º.-As altas que se produzan dentro do exercicio, surtirán efectos dende a data en que naza a obriga de contribuir, pola Administración procederáse a notificar os suxetos pasivos a liquidación correspondente a alta no padrón, con expresión de:

a) Os elementos esenciais da liquidación.

b) Os medios de impugnación que poidan ser exercidos, con indicación de prazos e organismos en que haberán de ser interpostos; e

c) Lugar, prazo e forma en que debe ser satisfeita a debeda tributaria.

 

Artigo 8º.-As cuotas liquidadas e non satisfeitas dentro do período voluntario faránse efectivas pola via de apremio, con arreglo as normas do Regulamento Xeral de Recaudación.

 

INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

Artigo 9º.-En todo-lo relativo a calificación de infraccións que as mesmas correspondan en cada caso, estaráse ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral tributaria, conforme se ordena no artigo 11 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais.

 

PARTIDAS FALLIDAS

Artigo 10º.-Consideraránse partidas fallidas ou crétos incobrables, aquelas cuotas que non puideran facerse efectivas polo procedemento de apremio, para cuia declaración formalizaráse o oportuno expediente dacordo co prevido no vixente Regulamento Xeral de Recaudación.

 

DISPOSICIÓN FINAL

A presente modificación da Ordenanza Fiscal, aprobada por acordo do Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 17/12/2012, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da provincia e comenzará a aplicarse a partir do día seguinte a esa data, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa.”

 

 

emprende en 3