ORDENANZA FISCALNº 11 REGULADORA DOS PREZOS PÚBLICOS DO SERVIZO MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA.

 

FUNDAMENTO LEGAL.

Artigo 1º Fundamento Legal

1. En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20 a 27 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de abastecemento domiciliario de auga, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao disposto no artigo 57 do citado texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

 

SUXETO PASIVO.

Artigo 2º.-Atopánse na obriga ó pago do prezo público polo subministro de auga as persoas físicas ou xurídicas e que se beneficien da prestación do servicio ou actividade administrativa.

 

BASES DE PRECEPCIÓN.

Artigo 3º.-As constituen os mandamentos consignados no artigo seguinte.

 

TIPOS DE GRAVAMEN.

Artigo 4º.- 1. A contía da Taxa regulada nesta Ordenanza será fixado nas Tarifas contidas no apartado seguinte:

2.-a) COTA DE MANTENEMENTO : 2,00 Euros ó mes.

b) USOS DOMÉSTICOS: Tarifa A

A1: Prezo por metro cúbico: 0,50 Euros/m3, Mínimo a facturar 10 m3/mes.

A2: Para consumos mensuais superiores a 30 m3, 0,70 Euros/m3.

c) USOS INDUSTRIAIS

Para actividades suxeitas a Licenza Fiscal

Tarifa I: Prezo do m3 consumido e facturado 0,35 Euros/m3.

g) USOS GANDEIROS – Para explotacións gandeiras

G.- Prezo do m3 consumido e facturado 0,27 €/m3

d) MEDIDORES DE CONSUMO AVARIADOS: Tarifa R

 

-USOS DOMESTICOS:

R1: No suposto de que os consumos medios dos tres meses anteriores a avaria esté comprendido na tarifa A1, pagarán unha cota de 50 euros/mes mentres dure a avaria aparte aliquidación a que se refire o artigo 30 da Ordenanza da prestación do Servicio Municipal deAbastecemento de augas.

 

R2: No suposto de que o consumo medio dos tres meses anteriores a avaria está comprendidona tarifa A2, pagarán unha cota de 117 euros/mes aparte da liquidación a que se refire o artigo 30 da Ordenanza da prestación do Servicio Municipal de Abastecemento de Augas.-

 

USOS INDUSTRIAIS

R3: No suposto de que o consumo medio dos tres últimos meses anteriores a avaría fose inferior a 100 m3, pagará unha cota de 134,00 Euros/mes mentres dure a avaría, aparte a liquidación a que serefire o art. 30 da Ordenanza da prestación do Servicio Municipal de Abastecemento de Augas.

 

R4: No suposto de que o consumo medio dos tres meses anteriores a avaría fose superior a 100 m3 e inferior os 1.000 m3, pagarán unha cota de 300,00 euros/mes, aparte a liquidación a que se refireo artigo 30 da Ordenanza da prestación do Servicio Municipal de Abastecemento de Augas.

 

R5: No suposto de que os consumos medios dos tres meses anteriores a avaría fose superior ós 1.000 m3, pagarán unha cota de 500,00 euros/mes mentes dura a avaría, aparte a liquidación a quese refire o artigo 30 da Ordenanza da prestación do Servicio Municipal de Abastecemento de Augas.

 

e) DEREITO DE ENGANCHE Tarifa B

Por dereito de enganche, unha vez solicitada e concedida a alta: 100 euros.

 

f) DEREITO DE TALADRO E ACOMETIDA. Tarifa C

Por dereito de taladro e acometida na rede de distribución a satisfacer únicamente polos propietarios das fincas que non contribuiran a satisfacer os gastos do primeiro establecemento da rede xeral, o mesmo importe que a cota individual mais alta satisfeita para financia-lo gasto de primeiro establecemento da rede de abastecemento de augas do lugar no que se solicita a acometida, incrementada no mesmo tanto por cento que o Indice de Precios ó Consumo acumulado a contar dende a data na que tivo lugar a entrega da rede ó Concello

 

EXACCIÓNS

Artigo 5º.-Non se recoñece ningunha.

 

OBRIGACIÓN DE PAGO.

Artigo 6º.-Esta nace da utilización e aprovetamento do servicio polos particulares, empresas, sociedades e corporacións, están obrigados ó pago os que utilizasen ou realicen o seu aproveitamento, e no seu caso, os representantes legais.

artigo 7º.-As debedas por precios públicos poderán esixirse polo procedemento administrativo de apremio, según establece o artigo 47.3, da Lei 39/1988, de 28 de decembro.

 

TÉRMINOS E FORMA DE PAGO.

Artigo 8.-1. A recaudación do importe da auga faráse mediante recibo en períodos bimestrais e conxuntamento cos recibos bimestrais do servicio de abastecemento domiciliario de auga.

2. Transcorrido o prazo dun mes dende a posta a cobranza dos recibos, período de cobramento en voluntaria, sen haber aboado o importe do mesmo, e despois de haber efectuado a reclamación do pagamento por medio de notificación, sen satisface-lo seu importe no prazo de dez días contados a partir do seguinte o da recepción da notificación, o concello pode suspende-lo subministro de auga o abonado e ademais retirarlle o servicio, dándolle de baixa por falta de pago.

Tanto as altas como as baixas dos abonados liquidaránse por meses completos, se prexuizo de que a petición sexa antendida inmediatamente.

Artigo 9º.-A cobranza dos dereitos consignados nas tarifas, C, D, efectuaránse mediante factura-recibo que poñerá ó cobro Depositaría, previa liquidación practicada o efecto no Concello.

Artigo 10º.-As reclamacións sobre a recaudación por posibles erros de cálculo e outros motivos, efectuaránse no Concello, acompañando os recibos que conteñan erro ou omisión.

Artigo 11º.-O subministro de auga limitaráse a zona comprendida na distribución.

 

APROBACIÓN E VIXENCIA.

DISPOSICIÓN FINAL.

A presente modificación da Ordenanza Fiscal, aprobada por acordo do Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 17/12/2012, entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da provincia e comenzará a aplicarse a partir do día seguinte a esa data, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa. »

 

 

emprende en 3