BORRADOR ACTA XUNTA GOBERNO N潞 05-2012 DO 10-08-2012

 

ACTA DA SESI脫N EXTRAORDINARIA CELEBRADA POLA XUNTA DE GOBERNO O D脥A DEZ DE AGOSTO DE DOUS MIL DOCE (10/08/2012).

 

ACTA N脷M.: 05/2012

 

No Sal贸n de Sesi贸ns do Ilmo. Concello de B贸veda, sendo as doce horas e trinta minutos do d铆a dez de agosto de dous mil doce, baixo a presidencia do Sr. Alcalde-Presidente D. Jos茅 Manuel Arias L贸pez, re煤nese en sesi贸n extraordinaria e en primeira convocatoria a Xunta de Goberno 谩 que asisten os Concelleiros : D. Jose Luis Rivera Saco, D. Dionisio Blanco Rubi帽os e D. Francisco Javier Dominguez L贸pez

 

Como Secretario, D. Luis Eduardo Matias S谩nchez, que da fe.

 

Aberta a sesi贸n proc茅dese a co帽ece-los asuntos seguintes, incluidos na orde do d铆a:

 

I.-ACTAS, APROBACI脫N DA ACTA DA SESI脫N 04/2012, SI PROCEDE

O Sr. Alcalde-Presidente pregunta si alg煤n membro da Xunta de Goberno ten que formular algunha observaci贸n 谩 acta da sesi贸n anterior, sendo aprobada por unani颅midade.

O Sr. Alcalde-Presidente proclama aprobado o borrador da acta da sesi贸n anterior 04/2012.

 

II.- ADXUDICACI脫N DEFINITIVA DO CONTRATO DO SERVICIO DE CONTRATO DE RECOLLIDA DE LIXO E LIMPEZA URBANA.

Con data do vinte e tres de maio de dous mil doce polo Sr.Alcalde detectouse a necesidade de realizar a contrataci贸n do servizo de Recollida de lixo e limpeza urbana debido a ser unha das competencias municipais de prestaci貌n obrigatoria.

Dadas as caracter铆sticas do servizo pola Xunta de Goberno en sesi贸n celebrada o d铆a vinte e un de xu帽o do ano en curso consid茅rase que o procedemento m谩is axeitado 茅 o procedemento aberto, oferta economicamente m谩is vantaxosa, varios criterios de adxudicaci贸n.

Con data do vinte e un de xu帽o de dous mil doce emitiuse informe de Intervenci贸n sobre a porcentaxe que sup贸n a contrataci贸n en relaci贸n cos recursos ordinarios do presuposto vixente.
Con datas do un e do vinte e un de xu帽o de dous mil doce emitironse Informes por Secretar铆a sobre a Lexislaci贸n aplicable e o procedemento a seguir e 贸rgano competente para aprobar e adxudicar o contrato.
Con data do vinte e un de xu帽o de dous mil doce, a Xunta de Goberno adoptou o acordo de iniciar o expediente para a contrataci贸n mediante o procedemento aberto, oferta m谩is ventaxoxa, varios criterios de adxudicaci贸n, para o servizo de recollida de lixo e limpeza urbana, convocando a s煤a licitaci貌n.
Con data do vinte e un de xu帽o de dous mil doce , redactouse e incorporou ao expediente o Prego de Cl谩usulas Administrativas Particulares e coa mesma data o de Prescrici贸ns T茅cnicas, que han de rexer a adxudicaci贸n do contrato.

Con data do vinte e un de xullo de dous mil doce, realizouse polo Interventor a retenci贸n de cr茅dito oportuna e coa mesma data emitiu Informe de conformidade e que procede tramitar o expediente.

Con data do vinte e un de xu帽o de dous mil doce, a Xunta de Goberno adoptou o acordo aprobar o expediente de contrataci贸n xunto cos Pregos de Cl谩usulas Administrativas e de Prescrici贸ns T茅cnicas para a adxudicaci贸n do servizo de recollida de lixo e limpeza urbana, por procedemento aberto, oferta economicamente m谩is vantaxosa, varios criterios de adxudicaci贸n. As铆 mesmo autorizouse o gasto que sup贸n a adxudicaci贸n.

Con data vinte e nove de xu帽o do ano en curso publicouse no Bolet铆n Oficial da Provincia de Lugo anuncio de licitaci贸n por prazo de quince dias naturais contados a partir do seguinte o da publicaci貌n do anuncio no BOP no e no Perfil de contratante do 贸rgano de contrataci贸n, co fin de que os interesados presentasen as s煤as proposici贸ns.
Durante a licitaci贸n presentouse unha 煤nica proposici贸ns que consta no expediente.
Con data vinte de xullo de dous mil doce constitu铆use a Mesa de contrataci贸n, e tras a recepci贸n do informe de valoraci贸n t茅cnica, esta realizou proposta de adxudicaci贸n a favor da 煤nica proposta presentada, a de Ascan Empresa Constructora y de Gesti贸n, S.A.

Con data do tres de agosto de dous mil doce o licitador que presento a 煤nica oferta economicamente constitu铆u garant铆a definitiva por importe de oito mil cento sesenta euros (8.160,00 鈧) e presentou os documentos xustificativos esixidos.

Examinada a documentaci贸n que a acompa帽a, visto o informe de Secretar铆a, e de conformidade co establecido na Disposici贸n Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector P煤blico, 谩 Xunta de Goberno, por delegaci贸n efectuada polo Pleno da Corporaci贸n en sesi贸n celebrada o d铆a Trinta de xu帽o de dous mil once,

 

ACORDA:

 

          PRIMEIRO. Adxudicar 谩 empresa Ascan Empresa Constructora y de Gesti贸n, S.A. o contrato de servizos de recollida de lixo e limpeza urbana, por procedemento aberto, oferta economicamente m谩is vantaxosa, varios criterios de adxudicaci贸n, aprobada pola Xunta de Goberno en sesi貌n celebrada en data vinte e un de xu帽o de dous mil doce e publicada no Bolet铆n Oficial da Provincia de Lugo, n.潞 149 de data 29.06.2012 e no Perfil de contratante.
          SEGUNDO. Dispo帽er o gasto con cargo 谩 partida 1.227 do presuposto vixente de gastos.
          TERCEIRO. Notificar a D. Jos茅 Lu铆s Alonso Cobo, como representante da empresa adxudicataria do contrato, a presente Resoluci贸n e citalo para a sinatura do contrato que ter谩 lugar en B贸veda dentro dos dez d铆as h谩biles seguintes a contar desde a data da notificaci贸n da adxudicaci贸n, as 12 horas.

          CUARTO. Publicar a formalizaci贸n do contrato de servizos de Recollida de Lixo e Limpeza Urbana no Perfil de contratante e no Bolet铆n Oficial da Provincia de Lugo no prazo de corenta e oito d铆as a contar dende a data da presente Resoluci贸n.

QUINTO. Comunicar os datos b谩sicos do contrato ao Registro de Contratos do Sector P煤blico, de conformidade co disposto no artigo 333.3 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector P煤blico, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

SEXTO. Remitir 贸 Tribunal de Cuentas unha copia certificada do documento no que se tiver formalizado o contrato, acompa帽ada dun extracto do expediente en que se derive, toda vez que a cont铆a do contrato excede de 150.000 euros. Todo iso, dentro dos tres meses seguintes 谩 formalizaci贸n do contrato.

 

III.- RESOLUCI脫N RECURSO DE REPOSICI脫N CONTRA PREGO DE CL脕USULAS ADMINISTRATIVAS, INTERPOSTO POR UXT

 

 

Visto do recurso se reposici贸n interposto por DON MANUEL LORENZO FERN脕NDEZ, con DNI 33.845.001-H, na s煤a calidade de Secretario General da Federaci贸n de Servizos da Uni贸n Xeral de Traballadores de Lugo (FES-UXT Lugo), contra os pregos de cl谩usulas administrativas aprobadas dentro do procedemento de licitaci贸n do contrato de prestaci贸n de servizos denominado 鈥 Recollida de lixo e limpeza urbana鈥 (por procedemento aberto e forma de adxudicaci贸n mediante concurso).

Tendo en conta os seguintes antecedentes de feito:

1潞.- O 20/06/2012 Acordase pola Xunta de Goberno o inicio do expediente de contrataci贸n

2潞.- Cumprimentados os informes de intervenci贸n e secretar铆a pertinentes, en data 21/06/2012 a Xunta de Goberno acorda aprobar o expediente de contrataci贸n e iniciar o procedemento de licitaci贸n.

3潞.- O 22/06/2012 se publica o prego de cl谩usulas administrativas e t茅cnicas no perfil do contratante (no seguinte enderzo electr贸nico: http://www.contratosdegalicia.es/consultaPerfil.jsp ) e mais na p谩xina web do concello de B贸veda,

4潞.- O d铆a 29/06/2012 se inserta anuncio de licitaci贸n no Bolet铆n oficial da provincia de Lugo n潞.: 149.

5潞.- O 12 de xullo de 2012, se ingresa no Rexistro municipal de entrada de documentos o recurso de resposici贸n que nos ocupa, que se fundamenta:

鈥 Segundo 鈥a referida convocatoria es contraria a Derecho, por cuanto en el contenido de las cl谩usulas administrativas y de las condiciones t茅cnicas se observa una carencia evidente en la preparaci贸n del contrato por parte de la Administraci贸n Local referente al expediente administrativo, dado que la Ley 30/2007, de 30 de octubre, de Contratos del Sector P煤blico, al que se somete expresamente este contrato de servicios, exige informaci贸n sobre las obligaciones relativas a empleo y condiciones laborales (art.l03)........... 鈥

 

Tercero.- Tambi茅n se ignora la informaci贸n sobre las condiciones de subrogaci贸n en contratos de trabajo al que se refiere el art.l04 de la misma norma, pues en aquellos contratos que impongan al adjudicatario la obligaci贸n de subrogarse como empleador en determinadas relaciones laborales, el 贸rgano de contrataci贸n deber谩 facilitar, en el propio pliego o en la documentaci贸n complementaria, la informaci贸n sobre las condiciones de los contratos de los trabajadores a los que afecte la subrogaci贸n........ 鈥

CUARTO.- El absoluto desinter茅s mostrado por el gobierno municipal
hacia las condiciones laborales en el pliego de cl谩usulas particulares se hace patente en diferentes cl谩usulas:

Entre las obligaciones del adjudicatario contempladas en la cl谩usula XVII se menciona gen茅ricamente entre las espec铆ficas del contratista la de dedicar o adscribir a la ejecuci贸n del contrato los medios personales o materiales suficientes para ello (art.53.2 Ley 30/2007), pero no determina, ni siquiera limita, el n煤mero y condiciones de los trabajadores que han de lIevarlo a cabo, ni las caracter铆sticas de los contratos laborales. Tampoco se alude a la obligaci贸n de subrogaci贸n en los contratos de trabajo.

Entre los criterios base para la adjudicaci贸n recogidos en la cl谩usula XLL a la hora de baremar las ofertas presentadas se atribuye una serie de puntos atendiendo al precio, a las mejoras en la frecuencia de prestaci贸n del servicio, en los medios a emplear en el mismo y en el mayor plazo en la revisi贸n de precios, pero no se valora en absoluto el fomento de empleo鈥

 

6潞.- O recurrente est谩 lexitimado, en tanto que representante legal dun sindicato, para recurrir contra o acordo administrativo polo que se aproba o prego de cl谩usulas administrativas (artigo 31 da LRXPAC).

 

En relaci贸n co mesmo compre INFORMAR:

 

FUNDAMENTOS DE DEREITO

 

1潞.- Lexislaci贸n aplicable: Lei 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do sector p煤blico, Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo polo que se aproba o Estatuto dos Traballadores, Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o R茅xime Xur铆dico e Procedemento Administrativo Com煤n, Lei 7/1985, do 2 de abril de Bases do R茅xime Local, Lei 5/1997,do 22 de xullo da Administraci贸n Local de Galicia,

 

2潞.- Compre rexeitar a alegaci贸n contida no punto segundo do recurso que tratamos, toda vez que a Lei 30/2007 de Contratos do Sector P煤blico foi derogada pola Lei 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do sector p煤blico, e esta 煤ltima Lei 3/2011, no seu artigo 119 ( Informaci贸n sobre as obrigaci贸ns relativas 谩 fiscalidade, protecci贸n do medio ambiente, emprego e condici贸ns laborais) non establece a obrigatoriedade que afirma o recorrente de sinalar no prego 鈥渋nformaci贸n sobre as obrigaci贸ns relativas 谩 protecci贸n do emprego, condici贸ns de traballo e prevenci贸n de ricos laborais鈥; a redacci贸n deste artigo, no que fundamenta esta alegaci贸n, 茅 n铆tida: 鈥淥 贸rgano de contrataci贸n poder谩 sinalar no prego o organismo ou organismos dos que o candidato poida obter a informaci贸n pertinente sobre as obrigas relativas a 鈥... protecci贸n do emprego, condici贸ns de traballo e prevenci贸n de riscos laborais鈥, non fixa unha esixencia, sen贸n unha opci贸n, que o 贸rgano de contrataci贸n poder谩 utilizar ou non.

 

3潞.- En relaci贸n coa alegaci贸n contida no apartado 3潞 do recurso contra o prego de cl谩usulas administrativas, relativo 谩 subrogaci贸n dos contratos laborais, que fundamenta no disposto no artigo 104 da LCSP, como xa se mencionou derrogada, 茅 necesario precisar:

 

a).- O artigo 120 da Lei 3/2011 de contratos do sector p煤blico, textualmente di 贸 respeto: 鈥 O 贸rgano de contrataci贸n deber谩 facilitar 贸s licitadores, no propio prego ou na documentaci贸n complementaria.....鈥 . Desta redacci贸n non se pode colixir a obriga de introducir dita informaci贸n no prego de cl谩usulas administrativas, como inexactamente alega o recorrente.

 

b).- Compre delimitar o tipo de contrato que nos ocupa. Estamos ante un contrato de 鈥減restaci贸n de servizos鈥, no que unha empresa: O concello de B贸veda, titular do servizo municipal de recollida de lixo e limpeza urbana, acude 贸 sector privado para a realizaci贸n de determinados traballos dentro deste servizo municipal, sen que titularidade do servizo se traspase. Non estamos ante un contrato de xesti贸n ou arrendamento dun servizo municipal, non se trata dun traspaso de empresa, de centros de traballo ou de partes de centros de actividade. Non hai unha cesi贸n de elementos significativos de activo material ou inmaterial, non existe entrega 贸 contratista da infraestrutura ou organizaci贸n empresarial b谩sica para a prestaci贸n do servizo. Como xa se dixo, estamos ante un contrato de prestaci贸n dun servizo sen transmisi贸n da titularidade de empresa ou centro de traballo, titularidade que invariablemente sigue residindo no concello de B贸veda.

Exposto o anterior, e toda vez que esta alegaci贸n se fundamenta no artigo 120 da Lei de contratos do sector p煤blico: 鈥..contratos que impo帽an ao adxudicatario a obrigaci贸n de subrogarse como empleador en determinadas relaci贸ns laborais鈥, compre dilucidar se neste tipo de contrato de prestaci贸n de servizo se incardina no disposto no artigo 44 do Estatuto dos traballadores, relativo 谩 sucesi贸n de empresas, e consecuentemente na obriga do novo adxudicatario do contrato de subrogarse nos dereitos e obrigas laborais e da seguridade social do anterior.

Precepto que alude a un cambio de titularidade da empresa, do centro de traballo ou dunha unidade produtiva. Cambio de empresa que precisa da transmisi贸n 贸 novo empresario de elementos patrimoniais que configuran a infraestrutura ou organizaci贸n empresarial b谩sica da explotaci贸n, o que non concorre no presente caso 贸 tratarse dunha mera sucesi贸n na actividade contratada. O remate dun contrato de prestaci贸n dun servizo non implica o autom谩tico traspaso dos traballadores 谩 empresa que asuma a nova contrata. Este resultado non o imp贸n norma legal algunha, nin no dereito interno, nin no dereito comunitario.

Non existindo norma legal que impo帽a a transferencia de persoal, o prego de condici贸ns que rexe no contrato non ten por que recollelo.

Ser谩 a normativa sectorial a que regulamenta esta transferencia de persoal e 谩 que deberan aterse as empresas.

 

4潞.- A alegaci贸n contida no apartado coarto do recurso de reposici贸n, son valoraci贸ns ideol贸xicas lex铆timas, pero estra帽as 谩 xurisdici贸n administrativa.

A teor do anteriormente exposto, a Xunta de Goberno, por unanimidade e polos motivos anteriormente ACORDA:

 

 

1潞.- Desestimar o recurso de reposici贸n interposto por DON MANUEL LORENZO FERN脕NDEZ, na s煤a calidade de Secretario General da Federaci贸n de Servizos da Uni贸n Xeral de Traballadores de Lugo (FES-UXT Lugo), contra os prego de cl谩usulas administrativas aprobadas dentro do procedemento de licitaci贸n do contrato de prestaci贸n de servizos denominado 鈥 Recollida de lixo e limpeza urbana鈥.

 

2潞.- Notificar 贸 interesado, facendolle constar os recurso que contra da mesma caben.

 

E non habendo m谩is asuntos de que tratar, o Sr. Alcalde-Presidente da por finalizada a sesi贸n, cando son as doce horas e vinte minutos do d铆a sinalado, do que eu, D. Lu铆s E. Mat铆as S谩nchez, secretario, coa salvedade a que se refire o art. 206 do R.O.F., e a reserva dos t茅rmos que resulten da aprobaci贸n da acta desta sesi贸n, certifico

emprende en 3