BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA POLA XUNTA DE GOBERNO Nº 07/2012 DO 05/11/2012

 

BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA POLA XUNTA DE GOBERNO O DÍA CINCO DE NOVEMBRO DE DOUS MIL DOCE (05/11/2012).

ACTA NÚM.: 07/2012

 

No Salón de Sesións do Ilmo. Concello de Bóveda, sendo as doce horas e trinta minutos do día cinco de novembro de dous mil doce, baixo a presidencia do Sr. Alcalde-Presidente D. José Manuel Arias López, reúnese en sesión extraordinaria e en primeira convocatoria a Xunta de Goberno á que asisten os Concelleiros : D. Jose Luis Rivera Saco, D. Dionisio Blanco Rubiños e D. Francisco Javier Dominguez López

 

Como Secretario , D. Luis Eduardo Matias Sánchez, que da fe.

Aberta a sesión procédese a coñece-los asuntos seguintes, incluidos na orde do día:

 

I.-ACTAS, APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN 06/2012, SI PROCEDE

O Sr. Alcalde-Presidente pregunta si algún membro da Xunta de Goberno ten que formular algunha observación á acta da sesión anterior, sendo aprobada por unanimidade.

O Sr. Alcalde-Presidente proclama aprobado o borrador da acta da sesión anterior 06/2012.

 

II.- APROBACION, SI PROCEDE, DA SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN Á CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS AO ABEIRO DA ORDE DO 28 DE SETEMBRO DE 2012.

Publicada no D.O.G.A, nº 191, do venres, 5 de outubro de 2012, a Orde do 28 de setembro de 2012, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesiòn de axudas a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluidos na Rede Natura 2000 a súa convocatoria para os anos 2012,2013 e 2014 e considerando que para mellorar a paisaxe agraría e desenvolvemento de usos recreativos, a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día cinco de novembro de dous mil doce, por unanimidade acorda:

1º.- Solicitar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ao abeiro da orde Orde do 28 de setembro de 2012, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesiòn de axudas a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluidos na Rede Natura 2000 a súa convocatoria para os anos 2012,2013 e 2014, unha axuda económica á para realizar a obra denominada “Mellora dos usos recreativos e da paisaxe agraria en varias zonas do concello de Bóveda (Lugo)”, cuxo custe elévase a vinte e catro mil douscentos euros (24.200,00 €), IVE incluido.

2º.- Aceptar expresamente as condicións e obrigas recollidas na precitada Orde do 28 de setembro de 2012, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesiòn de axudas a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluidos na Rede Natura 2000 a súa convocatoria para os anos 2012,2013 e 2014.

 

III.- APROBACIÓN, SI PROCEDE, DA MEMORIA TÉCNICA DENOMINADA “MELLORA DOS USOS RECREATIVOS E DA PAISAXE AGRARIA EN VARIAS ZONAS DO CONCELLO DE BÓVEDA (LUGO)”.

 

Vista a memoria técnica redactada polo enxeñeiro D. Manuel Valcárcel Vila e denominada “MELLORA DOS USOS RECREATIVOS E DA PAISAXE AGRARIA EN VARIAS ZONAS DO CONCELLO DE BÓVEDA (LUGO)”, cun orzamento de execuciòn por contrata de vinte mil euros (20.000,00 €) e catro mil douscentos euros (4.200,00 €) de IVE, a Xunta de Goberno, por unanimidade, acorda:

Aprobar a memoria técnica da obra denominada “MELLORA DOS USOS RECREATIVOS E DA PAISAXE AGRARIA EN VARIAS ZONAS DO CONCELLO DE BÓVEDA (LUGO)” redactada polo enxeñeiro D. Manuel Valcárcel Vila e cun orzamento de execuciòn por contrata de vinte mil euros (20.000,00 €) e catro mil douscentos euros (4.200,00 €) de IVE.

E non habendo máis asuntos de que tratar, o Sr. Alcalde-Presidente da por finalizada a sesión, cando son as trece horas do día sinalado, do que eu, D. Luis Eduardo Matias Sánchez, secretario, coa salvedade a que se refire o art. 206 do R.O.F., e a reserva dos térmos que resulten da aprobación da acta desta sesión, certifico

emprende en 3