BORRADOR ACTA XUNTA DE GOBERNO Nº 03/2013 DO 26/07/2013

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA POLA XUNTA DE GOBERNO O DÍA VINTE E SEIS DE XULLO DE DOUS MIL TRECE (26/07/2013).

 

ACTA NÚM.: 03/2013

 

No Salón de Sesións do Ilmo. Concello de Bóveda, sendo as doce horas e dez minutos do día vinte e seis de xullo de dous mil trece, baixo a presidencia do Sr. Alcalde-Presidente D. José Manuel Arias López, reúnese en sesión extraordinaria e en primeira convocatoria a Xunta de Goberno á que asisten os Concelleiros : D. Jose Luis Rivera Saco, D. Dionisio Blanco Rubiños e D. Francisco Javier Dominguez López

 

Como Secretario, D. José Luis Méijome Madriñán, que da fe.

 

Aberta a sesión procédese a coñece-los asuntos seguintes, incluidos na orde do día:

 

I.-ACTAS, APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN 02/2013, SI PROCEDE

 

O Sr. Alcalde-Presidente pregunta si algún membro da Xunta de Goberno ten que formular algunha observación á acta da sesión anterior, sendo aprobada por unanimidade.

O Sr. Alcalde-Presidente proclama aprobado o borrador da acta da sesión anterior 02/2013.

 

II.-VACACIÓNS DA SECRETARÍA DO XULGADO DE PAZ DE BÓVEDA.

Visto o escrito presentado polo Secretario do Xulgado de Paz de Bóveda D. Manuel Díaz Pérez, con rexistro de entrada número 733/2013, no que solicita se lle conceda o disfrute do seu período vacacional para o mes de agosto, a Xunta de Goberno por unanimidade, ACORDA:

 

1º.-Concederlle ó Secretario Titular do Xulgado de Paz de Bóveda, D. Manuel Díaz Pérez o seu período vacacional comprendido entre o 1 e o 31 de agosto.

 

2º.-Propoñer como substituta do Secretario Titular do Xulgado de Paz de Bóveda, durante as suas vacacións a DNA. BLANCA RODRIGUEZ LOPEZ, con D.N.I. Nº xxxxxx.

 

3º.-Dar conta deste acordo a Secretaría do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia así como o Sr. Xuiz do Xulgado de Paz de Bóveda.

 

 

E non habendo máis asuntos de que tratar, o Sr. Alcalde-Presidente da por finalizada a sesión, cando son as doce horas e doce minutos do día sinalado, do que eu, D. José Luis Méijome Madriñán, secretario en funcións, coa salvedade a que se refire o art. 206 do R.O.F., e a reserva dos térmos que resulten da aprobación da acta desta sesión, certifico

emprende en 3