BORRADOR DA ACTA DO PLENO Nº 01/2014 DO 24/02/2012

 

PLENO NUMERO 01/2014

 

 

No Salón de sesións do Ilmo. Concello de Bóveda, cando son as doce horas e tres minutos do día vinte e catro de febreiro de dous mil catorce, reúnese en sesión órdinaria e en primeira convocatoria o Concello Pleno baixo a Presidencia do Alcalde:

 

1.- D. JOSÉ MANUEL ARIAS LÓPEZ

Concorren a sesión os seguintes Concelleiros:

2.- D. JOSÉ LUÍS RIVERA SACO,

3.- D. DIONISIO BLANCO RUBIÑOS

4.- D. FRANCISCO JAVIER DOMINGUEZ LÓPEZ

5.- DNA. NATIVIDAD RODRÍGUEZ LÓPEZ

6.- DNA. CRISTINA JUÍZ LÓPEZ

7.- DNA. MARIA DEL CARMEN CARBALLADA RODRÍGUEZ

8.- DNA. MARÍA DEL CARMEN MACIA RODRÍGUEZ

9.- D. JOSÉ LUÍS VILA CARRIL

 

Como Secretario D. Luis Eduardo Matias Sánchez que da fe.

 

Aberta a sesión e declarada pública pola presidencia as doce horas e cinco minutos, unha vez comprobada polo Secretario a existencia do quórum de asistencia necesario para que poda ser iniciada, procedese a coñece-los seguintes asuntos incluidos previamente no orde do día:

 

I.- APROBACIÓN, SI PROCEDE, DO BORRADOR DA ACTA ANTERIOR Nº 09/2013

 

O Presidente pregunta si algún membro da Corporación ten que formular algunha observación o borrador da acta da sesión anterior número 09/2013 distribuida coa convocatoria.

Ningún dos Concelleiros presentes formula alegacións e, a continuaciòn, o Sr. Presidente somete a votación a aprobación do referido borrador da acta, sendo esta aprobada por unanimidade.

 

 

2º.- MOCION DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA PARA ESIXIR Á XUNTA A CREACIÓN DUN PLAN DE EMPREGO PARA A TOTALIDADE DA PROVINCIA DE LUGO ELIMINANDO OS CRITERIOS PARTIDISTAS E PRIORIZANDO NA CREACIÓN PARA MAIORES DE 55 ANOS E EMPREGO XUVENIL.

 

O Sr. Alcalde-Presidente da conta do asunto que figura neste punto da orde do día, cedendo a palabra a Dna. Mª Carmen Macía Rodríguez, que da lectura á seguinte proposta:

 

A etapa de goberno de Feijóo na Xunta de Galicia está a suponer un verdadeiro trauma para os galegos debido á falta de sensibilidade das políticas dos populares. No contexto de crise actual están a romper as estruturas sociais que considerábamos como seguras en termos de progreso económico e en igualdade social. A pesar de que dende o Partido Popular negase este aumento exponencial das desigualdades, numerosos estudos como os de Eurostat, o Observatorio da Realidade de Caritas, o informe Foessa2013, demostran que a brecha social aumenta vertixinosamente, ameazando a cohesión social necesaria para calquera proxecto de sociedade.

Nunha situación de contracción económica como a actual, o esforzó das institucións debe ir encaminado a solucionar os problemas dos cidadáns de forma axil, establecendo unha rede de defensa ante a exclusión e a pobreza. A pesar de que o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) cada mes mostra que o paro é o principal problema que perciben os galegos, o Partido Popular de Feijóo segué aplicando políticas de contención do gasto que fomentan a austeridade das administracións e desvalorizan o fluxo comercial do capital, propiciando a caída do consumo.

Pero ademáis, as políticas económicas impostas por Mariano Rajoy, como a desregulación do mercado do traballo, afondaron máis no crecemento do paro, debido á facilidade de despedimento por parte dos empresarios, perseguindo o suposto mantra da competitividade empresarial por medio da moderación salarial.

A pesar de que todos os indicadores mostran que o número de desocupados non para de aumentar, ou que a pobreza xa afecta a un de cada catro españois, o Gobernó de Feijóo súmase ao falso optimismo de que se está a saír da crise, esquecendo que se está a deixar atrás a enormes capas sociais que non poderán reincorporarse como parte activa da sociedade e que están abocados á precariedade. Un colectivo social que está resultado especialmente castigado, ademáis dos mozos, son os maiores de 55 anos, vítimas de da maioría dos EREs executados na provincia.

Neste contexto de desigualdade, paro e pobreza, e a pesar de que a Xunta é a única administración que ten competencias en materia laboral, as políticas de emprego da Xunta caracterizáronse por unha diminución do diñeiro presupostado en fomento do emprego, e no uso partidista dos plans para premiar os concellos gobernados polos populares.

Cada ano asistimos ao castigo que somete Feijóo aos galegos reducindo as partidas presupostarias para inserción laboral. Para os presupostos de 2014, Feijóo volve demostrar que goberna de costas á cidadanía, recortando case dez millóns de euros as políticas activas de emprego.

Ademáis, os Obradoiros de Emprego da Xunta de Galicia poñen de manifesto a exclusión que sofren algúns cidadáns galegos polo feito de residir en Concellos gobernados por Alcaldes que non sexan do Partido Popular. A discriminación sufrida polos lucenses vén determinada polas bases que regulan a concesión dos obradoiros, que esixen ter rexistrados 500 desempregados. Para a realidade da planta municipal da provincia, este criterio supon unha exclusión de facto, xa que a poboación destes é moi reducida. Por outra parte, a Xunta premia os proxectos intermunicipais fomentando prácticas partidistas no deseño dos Obradoiros. Así, Concellos gobernados polo Partido Popular únense, illando aos concellos socialistas e xerando verdadeiras zonas de sombra onde se imposibilita os lucenses recibir as políticas de emprego da Xunta. O resultado do clientelismo de Feijóo é que dos vinteun Obradoiros asignados para Lugo en 2013, dezanove están gobernados polo PP.



Polo exposto, e ante a progresiva diminución das políticas de emprego e uso partidista das mesmas por parte de la Xunta de Galicia, única administración con competencias en materia de emprego, O Grupo Municipal Socialista do Concello de Bóveda, somete para o seu debate e posterior aprobación, a seguinte:

MOCIÓN

- Esixir á Xunta de Galicia a creación dun Plan de Emprego na totalidade da Provincia de Lugo, eliminando o uso partidista dos criterios para ser beneficiario.

- Elaborar un plan específico de emprego Xuvenil que permita frear a sangría poboacional que sofren os concellos da Provincia de Lugo ante a falla de oportunidades laboráis.

- Instar á Xunta de Galicia a que elabore un Plan de Emprego destinado ás persoas maiores de 55 anos por ser un colectivo de difícil inserción laboral.

 

Concluída a lectura o Sr. Alcalde abre quenda de intervencións, sen que ningún concelleiro solicite intervir neste momento.

Alcalde: A Xunta saca un Plan de Emprego de uns cen millóns de euros ate o ano 2015, a través de dezanove medidas.

Que o proposto nesta moción deberíano aplicar vostedes, e me explico, onde din que os concellos de PP se unen para deixar a outros fora, non é certo. Que saiban que este concello promoveu estes últimos anos acudir a subvencións do INEGA e non deixamos a ninguén fora. Curiosamente este ano imos sete concellos, entre eles dous gobernados polo BNG. As Ordes que fan a Xunta poden optar tódolos concellos de Galicia porque son por concorrencia competitiva. Está de moda falar de obradoiros de emprego, aos que poden ir os concellos que queiran ir, pero hai que solicitalo.

No ano 2006, aínda que 2/3 dos concellos de Galicia (68,5%, 216 concellos) tiñan en 2006 un Alcalde do PP, só 17 percibiron axudas para escolas obradoiro e obradoiros de emprego, e estas axudas representaban o 35,26% do total. Sen embargo, 26 concellos gobernados polo PSOE percibiron máis da metade das axudas .

No ano 2007, aínda que máis da metade dos concellos de Galicia (51,7%) tiñan nese ano un Alcalde do PP, só 18 percibiron axudas para escolas obradoiro e obradoiros de emprego, e estas axudas representaban o 27,2% do total das axudas. Sen embargo, 34 concellos gobernados polo PSOE percibiron o 54,7% .

Moitos don concellos que se habían pronunciado en contra dos obradoiros nin tan sequera habían solicitado os obradoiros.

 

Dna. Mª Carmen Macia Rodríguez : Nos non estou falando do bipartito, senón da Xunta. Vostedes levan gobernando toda a vida. Vostedes no fixeron un plan de emprego axeitado. Non hai plan de emprego para maiores de 55 anos. Galicia é unha zona empobrecida. Os nosos mozos teñen que saír ao estranxeiro e están moi preparados, e os maiores de 55 anos están moi afectados porque non poden saír fora. Bóveda non ten 500 parados para poder acceder as axudas, e hai moi poucos concellos que teñan tantos parados.

Estamos nun momento de crise, perdemos dereitos sociais. Estamos como no ano 2007 en canto a parados.

O Sr. Alcalde retruca manifestando que teñen que ser coherentes co que están pedindo. Fai referencia a acordo adoptado no pleno 08/2013 sobre proposta de modificación das bases que regulan o programa temporal de fomento de emprego e posta en valor do territorio da Deputación de Lugo, no que se pedía modificar as bases que regulan ditas bases, co obxecto de que poidan participar tódolos concellos da provincia e se beneficien o maior número de persoas desempregados posibles, con independencia do concello no que residan; e vostedes votaron en contra desta proposta.

Xa non fago referencia ao Lugo Emprega das anteriores municipais, onde gran número de participantes eran candidatos ou ían na lista dos socialistas. Onde ademais os contrataba a Deputación. Ese Plan deixou fora nove de cada dez parados, e que unicamente permite que concorran doce dos sesenta e sete concellos da provincia, dos que so un está gobernado un polo PP.

Vostedes están a facer o contrario do que piden aquí.

O Sr. Alcalde chama a atención á concelleira Dna. Carmen Macía por interrompelo cando esta no uso da palabra.

O oitenta por cento da débeda que ten a Xunta de Galicia ven da época do bipartito.

 

O Sr. Alcalde volve a chamar a atención á concelleira Dna. Carmen Macía e a D. José Luís Vila Carril por interrompelo cando esta no uso da palabra.

O Sr. Alcalde da por concluído o debate e somete a votación a proposta que se está a tratar, producíndose o seguinte resultado:

Tres votos a favor emitidos polas concelleira do Grupo Socialista e máis o concelleiro D. José Luís Vila Carril, e seis votos en contra do Grupo Municipal Popular.

O Sr. Alcalde declara rexeitada a proposta por seis votos en contra e tres a favor.

 

 

 

3º.- MOCION DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA MANIFESTANDO O REXEITAMENTO DOS CRITERIOS FIXADOS POLO GOBERNO CENTRAL E AUTONÓMICO PARA O REPARTO DAS AXUDAS DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN, E INSTANDO Á MODIFICACIÓN DESTOS PARA SER PERCEPTOR, QUE DISCRIMINA ÓS AGRICULTORES ACTIVOS.

 

O Sr. Alcalde-Presidente da conta do asunto que figura neste punto da orde do día, cedendo a palabra a Dna. Mª Carmen Macía Rodríguez, que da lectura á seguinte proposta:

 

O pasado martes día 21 de xaneiro, Goberno e Comunidades Autónomas fixaron os criterios de reparto das axudas da Política Agraria Común (PAC) para o período 2014 -2020. Por primeira vez, Europa deixou liberdade aos Estados para fixar os criterios de repartición, permitindo adecuar a política económica do sector primario á realidade de cada país. España contará con 43. 991 millóns de euros en axudas dividas en dúas liñas de actuación: subvencións directas por valor de 37.000 millóns de euros e outros 8.291 millóns de euros adicionáis para o desenvolvemento rural.

 

 

A pesar de que o Executivo de Mariano Rajoy intenta vender como un éxito que nun período de crise xeneralizada se manteñan as axudas europeas da PAC, a verdade é totalmente diferente. O sector agrogandeiro no noso país está sufrindo unha rápida deterioración con multitude de explotacións abocadas ao peche, e unha porcentaxe menor de poboación activa dedicada ao sector agrogandeiro. Manter uns criterios de reparto baseados en criterios históricos, que priman ós grandes propietarios de terras, fronte ós agricultores e gandeiros que viven e traballan no rural, só é perpetuar no tempo o modelo de degradación dun sector vital para a provincia de Lugo.

En canto á repartición territorial no noso país, Galicia saíu fortemente prexudicada respecto ao resto de territorios. A pesar de contar co 16% do total estatal de persoas que viven directamente do agro, a porcentaxe das axudas que vai percibir Galicia non alcanza sequera o 3%. Novamente, Feijóo volveu manifestar a súa dobre moral cos agricultores e gandeiros galegos asegurándolles que defenderían os intereses territoriais de Galicia, para acabar aceptando o que lle daban de inicio en Madrid.

Como se dixo, a nova Política Agraria Común por primeira vez permitía aos Estados liberdade para personalizar aos seus países as axudas comunitarias. A diferenza de Francia, que decidiu empezar de cero na súa estratexia no sector primario potenciando a actividade económica por medio de subvencións aos agricultores activos, o Goberno do Partido Popular, decidiu primar e premiar os propietarios da terra por enriba dos verdadeiros traballadores do agro. O resultado desta dirección política é a condena a un sector vital para a economía galega.

Os criterios de repartición das axudas directas da PAC, que non teñen en conta a produción, nin o emprego, non potencian o crecemento e viabilidade económica das explotacións e non atende á realidade dos territorios. Galicia saíu damnificada xa que a media de hectáreas das explotacións galegas é de 17 fronte ás máis de 46 hectáreas doutros territorios. Ademáis, o regulamento europeo permite aos Estados conceder un pagamento adicional ás primeiras hectáreas establecendo como límite o máximo do tamaño medio das explotacións de cada país. Non obstante, novamente, o goberno decidiu non aplicar esta medida que permitiría redistribuir de forma máis equitativa as axudas e que permitiría o pagamento adicional ás primeiras 30 hectáreas, potenciando deste modo, as explotacións máis pequeñas.

Por outro lado, España perdeu a posibilidade de potenciar o verdadeiro agricultor activo, o non ter en conta a renta deste, e permitir ser beneficiario dunha axuda directa a quen do conxunto de ingresos agrarios, sen ter en conta outros ingresos, as subvencións non pasen do 80% dos seus ingresos da actividade agrogandeira, discriminando así os verdadeiros agricultores activos que obteñen a maioría dos ingresos da venta dos seus productos.

Por último, a liberalización do mercado leiteiro previsto para 2015 vai a supoñer para os gandeiros españois e galegos que non poderán competir co leite procedente do excedente alemán ou francés que van ter un nivel de axudas significativamente maior, máxime tendo en conta que os gandeiros galegos están moi endebedados polas fortes fortes inversións feitas na mellora das suas explotacións e na compra de dereitos de producción e que dentro dun ano non terán ningún valor.

O resultado de aplicar estes criterios para a obtención de subvencións da PAC, non é só o desmantelamento da actividade agrogandeira. Supon outro colo de botella para un sector vital no desenvolvemento económico de Galicia fomentando o círculo vicioso de falta de actividade, desemprego e despoboamento.

Polo exposto, e ante a oportunidade perdida que supon a nova repartición da Política Agraria Común para o período 2014 -2020, o Grupo Socialista do Concello de Bóveda somete a pleno a seguinte

 

MOCIÓN

 

- Manifestar o desacordo do Concello de Bóveda cos criterios fixados polo Goberno Central e Autonómico para a repartición das axudas da PAC, e dos criterios fixados por ambas as dúas administracións para ser perceptor destas subvencións.

- Modificar o criterio que prima o número de hectáreas fronte á produtividade, para permitir unha dinamización económica no sector primario galego, desincentivando a concentración de terras en mans dos grandes terratenentes.

- Solicitar o Goberno Central e Autonómico a que inicien as xestións pertinentes para cambiar o perfil do perceptor das subvencións da PAC, revalorizando o agricultor activo mediante unha repartición que subvencione a aquelas explotacións que obteñen a maioría dos seus ingresos da súa propia actividade.

- Destinar o máximo das axudas acopladas estatais aos gandeiros para facilitar a competitividade do sector leiteiro no escenario liberalizado previsto para 2015.

- Establecer un tope de axudas por explotación de 60.000 € , e que en todo caso pudera incrementarse en función do número de empleos que genere.

 

Concluída a lectura o Sr. Alcalde abre quenda de intervencións, sen que ningún concelleiro solicite intervir neste momento.

 

Intervén o Sr. Alcalde preguntando ¿por que vostedes non fixeron esto antes? ¿por que na negociación de 2007 non o fixeron, e porque ahora?.

Di estar de acordo en que é pouco diñeiro, pero por primeira vez se teñen en conta aos agricultores que están en activo. Que hai que diferenciar os grandes terratenentes das grandes explotacións.

En canto ao sector leiteiro está moito máis tranquilo que fai uns anos. Di que o ministro de agricultura é un gran ministro, é falou con tódolos sindicatos. É raro que os sindicatos non esten rebelados. A algún acordo chegaron. Que habera que avanzar moitos máis ¡ sen lugar a dubidas!, pero avanzouse.

Dna. Carmen Macía Rodríguez fai mención a un informe de Unións agrarias que contradice o afirmado polo Alcalde. A perda de renda no sector primario continua sendo severa no 2013, que no 2013 o sector primario perdeu dous mil empregos, máis da metade da masa salarial de citröen, setecentos na provincia de Lugo.

É a primeira vez que Europa deixa liberdade aos Estados para fixar os criterios de repartición. É en España onde non se fixo ben esa repartición.

 

Sigue un debate sobre o asunto, e concluído o mesmo, o Sr. Alcalde somete o asunto a votación, producindose o seguinte resultado:

Seis votos en contra dos concelleiros do Grupo Municipal Popular e tres a favor das concelleiras do Grupo Municipal socialista e do concelleiro D. José Luís Vila Carril.

 

 

4º.- INFORMES DE INTERVENCIÓN:

4.1.- Nota de reparo por incumplimento de contrato de consultoria de obras e urbanismo-Expte. Nº 2014/010.311

 

O Sr. Alcalde informa da existencia de reparo de intervención sobre o incumprimento do contrato de consultoría urbanística .

 

4.2.- Informe correspondiente ao 4º trimestre do ano 2013 relativo aos prazos de pago de facturas- Expte. Nº 2014/024.3.2.2.

O secretario-interventor informa que según os datos obrantes nas dependencias municipais, no Concello de Bóveda, no período de referencia 4º trimestre de 2013, non consta a existencia de facturas con respecto as cales transcorresen máis de tres meses dende a súa anotación no rexistro de facturas e non se tramitasen os correspondentes expedientes de recoñecemento da obriga.

4.3.- Liquidación do orzamento municipal do exercicio econòmico de 2013

O Sr. Alcalde-Presidente informa informa da aprobación da liquidación do orzamento do exercício económico 2013.

 

4.4.- Informe sobre resultados do Plan Económico Financeiro 2012-2013

O Sr. Alcalde informa que consonte o informe elaborado polo secretario-interventor o concello alcanzou os obxectivos contemplados no Plan Económico Financeiro se acadaron substancialmente.

 

5º.- ASUNTOS URXENTES, SE PROCEDE.

Non se presentaron

 

6º.- ACTIVIDADE DE CONTROL DO PLENO

 

6.1.- DECRETOS E INFORME DA ALCALDÍA

Informa o Sr. Alcalde que en canto mellore o tempo se procederá a reparación das estradas:

- C-546 a estrada de Bóveda por Ribas Pequenas.

- C-546 a Avda. De Santiago

- Rúa do Poste

- De Martín por Lamela a Marzán

- Accesos a Guntín

- De Barxa a Merúz

- Estrada de Aspera a Chorente por Ribas Pequenas.

- San Fiz- Vilar da Vara

- San Fiz – Eimer - Rubian

- Freituxe

- Ribas - Probeiros

- Probeiros – Recta da Puebla

- Estrada de portaxe

- Execución de reposición de alcantarillado no núcleo de Bóveda e construción de muro de contención no camiño municipal de Teilan.

 

Da conta tamén de dous expedientes de duas denuncias ao Defensor do pobo, Un a instancia do PSOE e outro dun veciño de Bóveda, relativas ás deficiencias no abasetecemento de auga no concello, e da lectura a escrito do Defensor do pobo, do seguinte teor:

“En relación co expediente de queixa arriba referenciado, en relación coas deficiencias no servizo de abastecemento de auga nese concello, no dia de hoxe dirixímonos á Deputación Provincial de Lugo, solicitando a súa colaboración sobre o estado de tramitación da petición da axuda económica formulada por ese concello”.

 

6.2.- ROGOS REGULAMENTARIAMENTE FORMULADOS

Non se formularon

 

6.3.- PREGUNTAS REGULAMENTARIAMENTE FORMULADAS

 

Preguntas do Grupo Municipal Socialista presentadas por escrito:

 

1ª.- O Grupo Municipal Socialista no Concello de Bóveda en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do regulamento de organización, funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locáis e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación as seguintes preguntas:

O camión do lixo de propiedade municipal, está a prestar servizos de recollida no vecino concello de Quiroga a través da empresa SCAN.

 

- A que se debe que o camión de recollida, cuxo propietario é o concello de Bóveda, preste servizos no concello de Quiroga?

- Que beneficios ou contraprestacións recibe o concello de Bóveda por prestar o seu camión de recollida de lixo?

    • No caso de que exista beneficio económico, ou descontó do prezo da empresa, a que cantidade concreta ascende?

 

2ª.- 0 Grupo Municipal Socialista no Concello de Bóveda en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do regulamento de organización, funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locáis e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación as seguintes preguntas:

As Directivas 75/440/CEE e 79/869/CEE distinguen catro posibles categorías de clasificación das augas superficiais destinadas á produción de auga potable segundo a súa calidade: Al, A2, A3 e +A3.

 

- Como está catalogada a auga da nova captación do Río Noceda?

 

 

3ª.- O Grupo Municipal Socialista no Concello de Bóveda en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do regulamento de organización, funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locáis e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación as seguintes preguntas:

A estrada municipal de Eimer sofre as consecuencias do abandono por parte da corporación municipal, converténdose nun perigo para o tráfico rodado

 

- Cando ten previsto arranxar a devandita estrada de Eimer?

 

Respostas do Sr. Alcalde-Presidente:

1ª.- O Sr. Alcalde expón que xa foi contestada en anterior pleno.

 

2ª.- Se fixeran uso dos proxectos daria por contestada esa pregunta.

Fixeronse duas a analíticas:

-Unha por parte do proxecto e nós outra a finais do ano, para ter máis seguridade en canto a analítica desa auga.

 

De acordo co Real Decreto 140/2003, ainda que non se considera de aplicación, tivose presente o Real Decreto 1541/94, que indica a clasificación de augas superficiais para consumo, sexa tipo A1 en tódolos parámetros analizados, agás nos microbiolóxicos para os que teriamos un tipo A2 co proceso de desinfección, tamén con estes parámetros.

 

3ª.- Xa lle informei ao respecto. En canto mellore o tempo comezaremos a arranxar as estradas.

 

6.4.- MOCIÓNS REGULAMENTARIAMENTE PRESENTADAS, SE PROCEDESE

 

Non se presentaron

 

 

E non habendo máis asuntos de que tratar, o Sr. Alcalde-Presidente da por finalizada a sesión, cando son as doce horas e cincoenta minutos do día sinalado, do que eu, secretario, coa salvedade a que se refire o art. 206 do R.O.F., e a reserva dos térmos que resulten da aprobación da acta desta sesión, certifico.

emprende en 3