BORRADOR DA ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA POLA XUNTA DE GOBERNO O DÍA VINTE E DOUS DE XUÑO DOUS MIL QUINCE (22/06/2015).

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA POLA XUNTA DE GOBERNO O DÍA VINTE E DOUS DE XUÑO DOUS MIL QUINCE (22/06/2015).

 

ACTA NÚM.: 03/2015

 

No Salón de Sesións do Ilmo. Concello de Bóveda, sendo as doce horas e corenta minútos do día vinte e dous de xuño de dous mil quince, baixo a presidencia do Sr. Alcalde-Presidente D. José Manuel Arias López, reúnese en sesión extraordinaria e en primeira convocatoria a Xunta de Goberno á que asisten os Concelleiros : D. Jose Luis Rivera Saco, D. Dionisio Blanco Rubiños e D. Francisco Javier Dominguez López

 

Como Secretario, D. Luis Eduardo Matias Sánchez, que da fe.

 

Aberta a sesión procédese a coñece-los asuntos seguintes, incluidos na orde do día:

 

I.- ADXUDICACIÓN DAS OBRAS “MELLORA DA ETAP DE BOVEDA FASE II”.

 

O Sr. Alcalde, da conta do asunto a tratar. Non se produce debate e sométese o asunto a votación, sendo aprobado por unanimidade o seguinte ACORDO:

 

Que o día dezanove de marzo do ano en curso, o Sr. Alcalde-Presidente detectou a necesidade de realizar a contratación das obras consistentes en “MELLORA DA ETAP DE BÓVEDA (LUGO) FASE II”, debido a que actualmente a ETAP de Bóveda ten unha serie de problemas: capacidade de tratamento (11 l/s) e capacidade dos depósitos de auga tratada (400 m3) insuficientes; elementos auxiliares en mal estado; necesidade de parar a planta para facer o lavado das dúas liñas de filtros, que debe ser manual; ausencia ou mal funcionamento de contadores; cámaras de chaves dos depósitos moi deterioradas e pouco accesibles; deficiencias no estado e distribución do espazo do edificio da ETAP. Por outra banda, a actual conducción de distribución a Guntín é insuficiente xenerando pérdidas de carga que dan lugar a presións insuficientes no punto de consumo. Os depósitos existentes en Rubián, dende os que se subministra a diversos núcleos, son antigos e non garanten estanqueidade, producíndose frecuentes reboses de caudal cando se atopan cheos xa que non dispoñen de válvulas de peche. Unha vez aprobado o proxecto de obras correspondente e realizada a implantación, xa que existe a dispoñibilidade dos terreos, achégase a este expediente de contratación.

Que dadas as características das obras consistentes en “MELLORA DA ETAP DE BÓVEDA (LUGO) FASE II” polo Sr. Alcalde-Presidente parece que o procedemento máis adecuado é o procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación.

Que o día dezanove de marzo de dous mil quince foi emitido un informe de Intervención sobre a porcentaxe que supón a contratación en relación cos recursos ordinarios do orzamento vixente.

Que o día dezanove de marzo do ano en curso, Secretaría emitiu un informe sobre a lexislación aplicable, o procedemento que había que seguir e o órgano competente para aprobar e adxudicar o contrato.

Que o día 15 de xaneiro de 2015, autorizouse (asento nº 638) un gasto de trescentos cincuenta e un mil cincuenta euros (351.050,00 €) con cargo a partida orzamentaria 161.609.

Que o día 19 de marzo de 2015 foi redactado e incorporado ao expediente o prego de

 

cláusulas administrativas particulares que rexerán a adxudicación do contrato.

Que por acordo plenario da corporación municipal celebrado en sesión extraordinaria o día vinte e sete de marzo de dous mil quince, aprobouse iniciar o expediente para a devandita contratación, motivando a necesidade e idoneidade da contratación proposta.

Que o concello pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día vinte e sete de marzo de dous mil quince, aprobou o expediente de contratación e os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas para a adxudicación do contrato das obras consistentes en “MELLORA DA ETAP DE BÓVEDA (LUGO) FASE II”, por procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación. Autorizouse tamén o gasto que supón a adxudicación.

Que o día catorce de abril de dous mil quince foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, un anuncio de licitación por prazo de vinte e seis días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicaciòn e no perfil do contratante do órgano de contratación, co fin de que os interesados presentasen as súas proposicións.

Que durante a licitación presentáronse as proposicións que constan no expediente.

Que o día dezanove de maio do presente ano constituíuse a mesa de contratación, para a apertura dos sobres A), observandose deficiencias que se comunican aos licitadores correspondentes e o día vinte e sete de maio de dous mil quince, a mesa de contratación reuniuse para a apertura dos sobres B) e esta clasificou como oferta máis favorable a presentada por Proyecon, Proyectos y Construcciones.

Novamente o día tres de xuño do ano en curso reuniuse a mesa de contratación para a avaliación da xustificación da empresa Proyecon Galicia de non incorrer en baixa temeraria, e proponlle ao órgano de contratación a adxudicaciòn , por ter obtido a puntuación máis alta, a proposta presentada por Proyecon, Proyectos y Construcciones.

Que o día tres de xuño de 2015, por decreto nº 197/2015, o Sr. Alcalde-Presidente clasificou as proposicións presentadas polos licitadores segundo a proposta levada a cabo pola mesa de contratación. Dita resolución foi ratificada pola Xunta de Goberno en sesión extraordinaria celebrada o día nove de xuño do mesmo ano.

Que requiríuselle ao licitador que presentou a oferta economicamente máis vantaxosa que presentase a documentación xustificativa do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, así como xustificación da constitución da garantía definitiva e, ademais, que dispón dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato.

Que o día doce de xuño de dous mil quince, o licitador Proyecon Galicia constituíu

 

mediante aval número 020000016259 de Sogarpo, S.G.R. a garantía definitiva por un importe de catorce mil cincocentos euros (14.500,00 €) e presentou os documentos xustificativos esixidos.

Despois de examinar a documentación achegada e unha vez visto o informe de Secretaría, de conformidade co establecido no artigo 151.4 e na disposición adicional segunda do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, a Xunta de Goberno, por unanimidade

 

ACORDA:

 

PRIMEIRO. Adxudicar á empresa PROYECON GALICIA, S.L. o contrato de obras consistentes en “MELLORA DA ETAP DE BÓVEDA (LUGO) FASE II” por procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, aprobado por acordo do concello pleno, en sesión extraordinaria celebrada o día vinte e sete de marzo de dous mil quince, e publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, núm. 083, do día 14 de abril de 2015, e no perfil do contratante.

SEGUNDO. Dispoñer o gasto con cargo á aplicación 161.609 do orzamento vixente de gastos.

TERCEIRO. Notificar a adxudicación aos licitadores que non resultaron adxudicatarios e que se autorice a devolución da garantía provisional prestada por eles.

CUARTO. Notificar a PROYECON GALICIA, S.L. , adxudicatario do contrato, esta resolución e que sexa citado para a sinatura do contrato que terá lugar na casa do Concello de Bóveda, ás doce horas do día vinte e seis de xuño de dous mil quince.

QUINTO. Unha vez formalizado o contrato, o contratista deberá presentar o Plan de seguridade e saúde da obra, axustado ao estudo de seguridade e saúde do proxecto, para a súa aprobación polo Concello, previo informe do coordinador de seguridade e saúde ou do director facultativo das obras e a súa comunicación á autoridade laboral. Despois de realizar este trámite, procederase á acta de implantación e inicio da obra.

SEXTO. Publicar a formalización do contrato de obras denominadas “MELLORA DA ETAP DE BÓVEDA (LUGO) FASE II” no perfil do contratante e que se publique un anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo no prazo de corenta e oito días contados desde a data deste acordo.

SÉTIMO. Que se lle comuniquen os datos básicos do contrato ao Rexistro de Contratos do Sector Público, de conformidade co disposto no artigo 333.3 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.”

 

E non habendo máis asuntos de que tratar, o Sr. Alcalde-Presidente da por finalizada a sesión, cando son as doce horas e corenta e cinco minutos do día sinalado, do que eu, D. Luís E. Matías Sánchez, secretario, coa salvedade a que se refire o art. 206 do R.O.F., e a reserva dos térmos que resulten da aprobación da acta desta sesión, certifico

emprende en 3