BORRADOR ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA POLA XUNTA DE GOBERNO O DÍA NOVE DE XULLO DE DOUS MIL QUINCE (28/07/2015).

 

ACTA DA SESIÓN EXTRAORDINARIA CELEBRADA POLA XUNTA DE GOBERNO O DÍA NOVE DE XULLO DE DOUS MIL QUINCE (28.07.2015).

 

ACTA NÚM.: 04/2015

 

No Salón de Sesións do Ilmo. Concello de Bóveda, sendo as trece horas do día vinte e oito de xullo de dous mil quince, baixo a presidencia do Sr. Alcalde-Presidente D. José Manuel Arias López, reúnese en sesión extraordinaria e en primeira convocatoria a Xunta de Goberno á que asisten os Concelleiros : D. Jose Luis Rivera Saco e D. Francisco Javier Dominguez López.

Como Secretario, D. Luis Eduardo Matias Sánchez, que da fe.

Aberta a sesión procédese a coñece-los asuntos seguintes, incluidos na orde do día:

 

I.-ACTAS.-APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN 03/2014, SI PROCEDE

O Sr. Alcalde-Presidente pregunta si algún membro da Xunta de Goberno ten que formular algunha observación á acta da sesión anterior, sendo aprobada por unanimidade.

O Sr. Alcalde-Presidente proclama aprobado o borrador da acta da sesión anterior 03/2014.

II.- SUBSTITUCIÓN DO SECRETARIO DO XULGADO DE PAZ POR VACACIÓNS.

Visto o escrito presentado polo Secretario do Xulgado de Paz de Bóveda D. Manuel Díaz Pérez, con rexistro de entrada número 662/2015, no que solicita se lle conceda o disfrute do seu período vacacional para o mes de agosto, a Xunta de Goberno por unanimidade, ACORDA:

1º.-Concederlle ó Secretario Titular do Xulgado de Paz de Bóveda, D. Manuel Díaz Pérez o seu período vacacional comprendido entre o 1 e o 31 de agosto.

2º.-Propoñer como substituta do Secretario Titular do Xulgado de Paz de Bóveda, durante as suas vacacións a DNA. BEATRIZ LOPEZ DIAZ, con D.N.I. Nº 34.276.422M.

3º.-Dar conta deste acordo a Consellería de Presidencia, Admons. Públicas e Xustiza, a Secretaría do Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia así como o Sr. Xuiz do Xulgado de Paz de Bóveda.

 

III.-DETERMINACIÓN DOS FESTIVOS LOCAIS PARA O ANO 2.016.

 

Visto o oficio remitido pola Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar no que se solicita acordo relativo a fixación das Festas Locais deste Municipio para o vindeiro ano 2.016, esta Xunta de Goberno en uso das competencias delegadas polo Concello Pleno en sesión celebrada o día trinta de xuño de dous mil once, acorda:

 

1.-Fixar como festas locais no Concello de Bóveda para o ano 2016, os días 1 de Setembro, festividade de San Xil e 15 de Setembro festividade do Divino Ecce-Homo .

 

2.-Remitir certificación deste acordo ó Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.

 

3.-Remitir certificación ó Departamento Territorial da Conselleria de Traballo das delegacións que o Pleno celebrado o día vinte e dous de Xuño de dous mil quince fixo na Xunta de Goberno.

 

E non habendo máis asuntos de que tratar, o Sr. Alcalde-Presidente da por finalizada a sesión, cando son as trece horas e dez minutos do día sinalado, do que eu, D. Luis Eduardo Matias Sánchez, secretario, coa salvedade a que se refire o art. 206 do R.O.F., e a reserva dos térmos que resulten da aprobación da acta desta sesión, certifico

emprende en 3