PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA OBXECTIVOS

 

          Os Puntos de Atención Á Infancia están dirixidos a nenos/as de 0 a 3 anos, e o seu obxectivo fundamental é responder ás necesidades tanto sociais como educativas do neno e da súa familia, mediante a súa atención diaria en grupo, e coa proposta de actividades axeitadas a cada idade na asistencia regular ó mesmo.

         Os Puntos de Atención Á Infancia ofrecen atención diaria dentro dun grupo de iguais e actividades axeitadas a cada idade na asistencia regular ó centro, cubrindo o ciclo de Educación Preescolar. A intervención está baseada nas experiencias e o xogo, atendendo o desenvolvemento do movemento, o control corporal, o principio da comunicación e da linguaxe, o descubrimento do entorno inmediato e as pautas básicas das relacións sociais.

 

3.- OBXECTIVOS EDUCATIVOS

-Contribuír ó desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos/as.

-Fomentar a adquisición de hábitos de vida saudable e unha autonomía cada vez maior na alimentación, hixiene e sono.

-Favorecer o coñecemento e respecto polo entorno mediante a súas observación.

- Impulsar o desenvolvemento da linguaxe como centro de aprendizaxe.

- Axudar a toma de conciencia dos outros e a adquisición de habilidades sociais grazas a convivencia.

- Ofrecer un clima de afecto e seguridade que lles fará crecer seguros, cun auto concepto positivo e a confianza necesaria para desenvolverse na vida cotiá.

-Optimizar ó máximo os recursos dos que dispoñemos preto, como a Biblioteca Pública.

 

 Enderezo electrónico: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. "

 

emprende en 3