Información sobre Comunicación Previa de Obras

 

Quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de edificación e uso do solo  do subsolo non suxeitos a licenza e, en todo caso, os que así se establezan nas leis.

 

Todos os actos de ocupación, construción, edificación e uso do solo e do subsolo non contemplados no artigo 351 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016 do solo de Galicia, quedan sometidos ao réxime de comunicación previa urbanística establecido nesta sección.

En particular, sométense ao réxime de comunicación previa:

a) Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, conforme á normativa xeral de ordenación da edificación, non precisen de proxecto de obras de edificación.

b) A execución de obras ou instalacións menores.

En ningún caso entenderanse como talles os parcelamentos urbanísticos, os muros de contención de máis de metro e medio de altura, as intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados e os grandes movementos de terra.

c) A utilización do solo para o desenvolvemento de actividades mercantís, industriais, profesionais, de servizos ou outras análogas.

d) O uso do voo sobre as edificacións e instalacións de calquera clase.

e) A modificación do uso de parte dos edificios e instalacións, en xeral, cando non teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio nin implantar un uso residencial.

f) A extracción de áridos para a construción e a explotación de canteiras, aínda que se produza en terreos de dominio público e estean suxeitos a concesión ou autorización administrativa.

g) As actividades extractivas de minerais, líquidos, e de calquera outra materia, así como as de verteduras no subsolo.

h) A instalación de invernadoiros.

i) A colocación de carteis e paneis de propaganda visibles desde a vía pública, sempre que non estean en locais pechados.

j) Os peches e valados de leiras.

k) As instalacións e construcións de carácter temporal destinadas a espectáculos e actividades recreativas.

 

De conformidade co artigo 146.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do Solo de Galicia, con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos á mesma, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do Concello respectivo.

O promotor dos actos suxeitos a comunicación previa, deberá comunicar ao Concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles á data en que pretenda comezar a súa execución. A comunicación deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Descrición técnica das características do acto de que se trate ou, no seu caso, proxecto técnico legalmente exixible.

b) Manifestación expresa de que a comunicación previa presentada cumpre en todos os seus extremos coa ordenación urbanística de aplicación.

c) Copia das autorizacións, concesións administrativas ou informes sectoriais cando fosen legalmente exixibles ao solicitante, ou acreditación de que se solicitou o seu outorgamento.

d) Autorización ou documento de avaliación ambiental, en caso de requirila o uso a que se destinen as obras.

e) Xustificante de pago dos tributos municipais.

f) No seu caso, certificado emitido polas entidades de certificación de conformidade municipal previstas neste regulamento.

g) Documento de formalización da cesión, no seu caso.

h) Data de inicio e finalización das obras.

emprende en 3