DOCUMENTACIÓN MÍNIMA QUE SE DEBE ACHEGAR COA SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRA

DOCUMENTACIÓN MÍNIMA QUE SE DEBE ACHEGAR COA SOLICITUDE DE LICENZA DE OBRA


OBRAS MAIORES :

1º.- Proxecto técnico co contido que recollen os artigos 14 do RDUG e 195 da LOUPMRG
2º.- Compromiso de execución dos servicios e de inscrición -no Rexistro da Propiedade. (Artigo 42 da  Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia

OBRAS MENORES:

MEMORIA, que debe conter a seguinte documentación:
1º.- Finalidade e uso da construcción ou actuación proxectada, razoándose a súa adecuación á ordenación urbanística vixente.
2º.- Indicación da clasificación e cualificación do solo obxecto da actuación e da normativa e ordenanzas aplicables nel
3º.-  Planos de situación a escala 1:10.000   (EN SOLO RÚSTICO)

Planos de situación a escala 1:10.000 e   1:2.000  (EN NUCLEO RURAL)  
Plano e referencia catastral da finca na que se pretende obrar (Pódese obter na seguinte paxina Web: http://sigpac.mapa.es/fega/visor/)

4º.- Orzamento das obras

EN SOLO RÚSTICO SEN ESPECIAL PROTECCIÓN
(Art. 34 das NCSPP e 17 do RDUG). [5.2.2 CIRCULAR INFORMATIVA 2/2003 (DOG Nº 150 DO 05/08/2003)]
5º.- Plano de situación en relación co planeamento urbanístico vixente, sobre o que se sinalará a situación da parcela e da edificación que se pretende
Plano de situación da edificación a escala 1:500 indicando forma dimensión e superficie da parcela, con expresión dos propietarios dos predios estremeiros, posición das vías públicas de acceso, con indicación do seu largo, situación da edificación, determinación da distancia a lindeiros e eixes de camiños, posición da rede de enerxia eléctrica e situación das instalacións de abastecemento ou captación de auga potable e de evacuación ou tratamento de augas residuais, acoutando distancia existente entre ambas.
Acoutando as dimensións de todálas edificacións existentes e proxectadas
6º.- Acreditación fideligna da superficie da parcela onde teña que situarse a edificación: Certificación catastral ou rexistral - ou certificación expedida por técnico competente.
7º.- Planos ou croquis da edificación con altura, largo e ancho, volúmes e ocupación da parcela:
●) Planos acoutados dos alados e seccións significativas nos que se reflictan as alturas das construccións, a escala adecuada para que se aprecien os tratamentos das fachadas, a morfoloxía e tamaño do ocos, as características estéticas e constsructivas e os materiais e acabados exteriores, así como os valados e peches previstos para o predio.
● Planos das cubertas en planta e seccións, a escala adecuada para que se poida aprecia-la solución adoptada, a morfoloxía e características constructivas e os materiais e acabados previstos para esta.   
● Planos do estado actual e modificado dos perfís do terreo e da parcela nos que se aprecie se a localización e situación dos edificios é a mais apropiada para a maior reduccióndo impacto visual e a menos alteración da topografía do terreo, así como as medidas adoptadas para minimiza-la incidencia das instalacións sobre o territorio, describindo e xustificando gráficamente os socalcamentos e os acabados dos socalcos, así como que se está respectando a condicións de mante-lo estado natural dos terreos alomenos no 50% da sú superficie
8º.- Reportaxe fotográfica:
■ fotográfias tomadas desde o interior da parcela que, como mínimo, reflictan o existente cara ós catro ventos principais
■ Fotográfias das edificacións tradicionais existentes na zona, nas que se poidan aprecia-las súas carácteristicas volumétricas, tipolóxicas e de acabados.
■ Fotográfia da parcela tomada desde a vía a que da fronte e na que se reflicta o seu estado actual.

emprende en 3